World Masterpiece Theater

World Masterpiece Theater (世界名作劇場 Sekai Meisaku Gekijō?) é un contedor televisivo xaponés producido por Nippon Animation que se orixinou oficialmente no 1975 (Malia que en 1974, producira Heidi, que moitos consideran como parte do contedor) e rematou por moitos anos en 1997 con Remi, a nena sen fogar (1996) volvendo de novo en xaneiro do 2007 c'Os miserables. Cada ano presentaba unha versión animada dun clásico literario infantil, chegando a un total de 23 ou 25 se se contan Heidi e Os miserables, que moitos se negan a contar como unha serie desta categoría máis debido ao seu moi diferente deseño de personaxes.

A maioría destas series de animación foron transmitidas en España, algunhas máis dunha vez, por diferentes canles televisivas como TVE, La 2, Antena 3 e Tele5. As series tamén encontraron grande éxito noutros países europeos, especialmente Alemaña, Italia e Francia e nalgúns países de Asia.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy